1 Xornada Liga Discoteca Al Lío

1ª Xornada da Liga Discoteca Al Lío do Futbol Sala de Carballo
Festín de goles entre o Bar Rosalía (Ponteceso) e o Gontad Seguros – Carnicería Eusebio (Ponteceso), partido para o espectáculo cun Bar Rosalía 10 – Gontad Seguros Carnicería Eusebio 5. Debutou na liga o Taberna D’Jous – Bar Ginebra, pero non puido facer nada para frenar o ímpetu goleador do Brasería Carballo – Cervecería Beos que goleou por 7 goles a 0 e consigue así o liderato na primeira xornada. Mentres o campión da Supercopa, o Boa Estrela, conseguía un empate a 1 gol cun reforzado Interfutsal Deportes San Remo. Tamén se fixo cos tres puntos o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico tras derrotar por 5 goles a 0 ó equipo de Anonymous, mesmo logro para o Cervecería O Pazo que vencía por 5 goles a 1 ó Cervecería Bombonera.

Comentarios cerrados.