2ª Xornada Liga Regular Discoteca Al Lío

Cambio de lider nunha segunda xornada da Liga Regular Discoteca Al Lío, o Brasería Carballo – Cervecería Beos, perde o liderado ante o Boa Estrela por 6-2, os da Boa Estrela souberon remontar o resultado adverso do comezo de partido xa que perdían 0-1. Ocasión que aproveitou o Bar Rosalía para facerse coa primeira posición ante un Cervecería Bombonera que non dá atopado o bo xogo (8-1). Colideran a clasificación o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico que derrotou ó Gontad Seguros – Carnicería Eusebio por 3 – 1, e o Cervecería O Pazo que fixo o propio ante o Interfutsal Deportes San Remo que intentou poñerllo complicado (6 – 4).
Mala xornada de novo para un Taberna D’Jous – Bar Ginebra que está pagando a falta de competitividade xa que éste é o primeiro ano que participa e que se atopou de fronte cun Anonymous que, desta vez si puido contar con tódolos seus integrantes.

Comentarios cerrados.