3ª Xornada de Torneos

3ª Xornada da Liga de Torneos de Fútbol Sala de Carballo

Torneo Concello de Carballo
Enfrontábanse os do Bar Rosalía contra o Cervecería O Pazo, no partido da semana desta terceira xornada, partido que se decantaba polo Bar Rosalía cun 5 a 2 no marcador, e que aínda sendo un resultado abultado, cabe destacar o bo xogo despregado polo Cervecería O Pazo que fixo o posible por reducir distancias en todo o encontro.
No Boa Estrela vs Discoteca Al Lío – Asesoría Afico, o resultado final de 0 a 2, reflexa un partido relativamente doado para a defensa do Discoteca Al Lío – Asesoría Afico que foi quen de manter a portería a 0, pola súa parte o Boa Estrela que chegaba mermado non foi quen de remontar o partido.
Torneo Asesoría Cervantes
Non lle ían as cousas de cara ó Interfutsal Deportes San Remo, quen non era capaz de superar ó Cervecería Bombonera e que marchaba ó descanso cun 1 a 2 na súa contra. Xa na segunda metade un mellor xogo e a condición física fixeron mella no Cervecería Bombonera que vería como non só lle remontaban o partido, senón que o Deportes San Remo acabaría por impoñerse por 8 goles a 2.
No último partido do torneo o Brasería Carballo – Cervecería Beos acadaría a vitoria a pesar de ter que remontar un gol do Taberna D’Jous – Bar Ginebra que se viu con vantaxe no marcador logo dun erro do porteiro. Pero non sería capaces de aguantar o resultado e ó final acabarían perdendo por 8 goles a 1.

Comentarios cerrados.