4ª Xornada de Torneos

Xogados os 2 partidos que faltaban da 4 xornada que foron aprazados por mor do festivo do 19 de marzo.
Torneo Concello de Carballo.
Enfrontábanse os dous equipos que cerran a táboa do Torneo Concello de Carballo, por un lado oCervecería O Pazo que necesita sumar puntos para afastarse da penúltima praza, e o Boa Estrela que sufre coa ausencia de xogadores importantes e non consigue facerse cos puntos. Partido axustado ata o descanso cun marcador favorable ó Cervecería O Pazo por 1 goles a 2, na segunda metade adiantaríase o Pazo e volvería a recortar distancias o Boa Estrela, de novo os de O Pazo estarían por diante con dous goles de vantaxa que volvería a recortar o Boa Estrela, partido de goles pero que o Boa Estrela non conseguía poñerse ó par no marcador, ó final un último gol de Martín daría a vitoria ó Cervecería O Pazo por 5 goles a 3.
Presentábase un bo encontro entre o Bar Rosalía e o Anonymous, lider e segundo da táboa respectivamente. Comezaban forte os de Ponteceso marcando os dous primeiros goles do encontro, pero os de Anonymous non estaban dispostos a deixar os 3 puntos con facilidade, lograrían empatar a 3 goles pero minutos antes do descanso o Rosalía conseguiría poñerse 4 a 3 para ir ós vestiarios. Pero xa na segunda metade a falta de cambios por parte de Anonymous e unha primeira parte de desgaste faría que as forzas se viñesen abaixo e o Bar Rosalía acabaría por facerse coa vitoria marcando 6 goles máis. O final, 3 puntos para o Bar Rosalía cun 10 a 3 no marcador.
Torneo Asesoría Cervantes.
Partido para enmarcar por parte do Brasería Carballo – Cervecería Beos, partidazo de Diego Suárez que conduciu ós do seu equipo á vitoria con tres goles contra un Gontad Seguros – Carnicería Eusebio que non foi capaz de frear o xogo directo do Brasería Carballo. Ó final 7 a 0 e 3 puntos máis para un Brasería Carballo – Cervecería Beos cada vez máis lider do torneo.
No segundo partido do Torneo o Interfutsal Deportes San Remo conseguiu os 3 puntos sin saltar á pista, a falta de xente por parte do Taberna D’Jous – Bar Ginebra fixo imposible a disputa do enocntro, 3 puntos para o Interfutsal Deportes San Remo e -1 punto para o Taberna D’Jous – Bar Ginebra por non presentarse ó partido.

Comentarios cerrados.