4ª Xornada Liga Regular Alonso Moda

4ª XORNADA

Abría a 4ª xornada da Liga Regular Alonso Moda do Fútbol Sala de Carballo, e non o podía facer mellor para o Pazo do Souto que volve á senda da vitoria sobre un Bar Rosalía falto de xogo e con pouco acerto de cara ó gol. O segundo partido do luns sería uns dos máis intensos da xornada en canto a xogo e a resultado no marcador que se fixo de rogar ata os últimos segundos onde Martín Pombo conseguiría batir a Brais para poñerse co marcador a favor e levarse os tres puntos no Cervecería O Pazo vs Cervecería Troula que deixa a táboa máis axustada nas posicións do subcampeón. O Talleres Capelán volve a coñecer a vitoria ante un Interfutsal Deportes San Remo correoso pero que non puido facer frente ó xogo do Talleres Capelán e que suma así a súa 4 xornada sin puntuar. O martes tamén nos deixaba un emocionante Cafetería Habanos 79 4-4 Discoteca Al Lío – Asesoría Afico, partido de ida e volta con erros nas dúas defensas que os atacantes de ambos equipos aproveitaron para acumular goles no marcador destacando un novo hattrick de Alberto Fuentes que leva 7 goles en 3 xornadas e que vai lanzado cara os primeiros postos do Pichichi Clínica Fisioterapia Javi Teijeiro.

O xoves tivo un comezo agridoce para o Tourline Express que chegaron a acariciar unha moi desexada vitoria que os sacara da última posición da táboa, pero o Gontad Seguros – Carnicería Eusebio non estaba pola labor e acabou levándose o partido cun escaso 2-1 no marcador. No segundo encontro da noite, o Dolce&Café non tivo un partido cómodo fronte a un Fariña Maquinaria Agrícola que pese a ter ocasións claras de gol acabaron co marcador a cero, en parte gracias as boas intervencións de Noé e ó pau co que se atoparon en varias ocasións, o resultado final do marcador sería dun 3-0 que demostra a boa puntería de Daniel Calvete, realizador dos 3 goles do partido.

 

Bar Rosalía vs Pazo do Souto

Cinco inicial Bar Rosalía; José A. Rodríguez, César García, Marcos Pailos, Carlos Márquez e Martín Puente.

Cinco inicial Pazo do Souto; Daniel Taibo, Estiven Taboada, Juan Lagoa, Jonathan Pose e Jordan Abelenda.

Goles; Jonathan Pose 0-1 e 0-2, Martín Puente 1-2, Jordan Abelenda 1-3 e 1-4.

Cervecería O Pazo vs Cervecería Troula

Cinco inicial Cervecería O Pazo; Brais Álvarez, Eloy Trigo, Juan Antelo, Manuel Varela e Abel García.

Cinco inicial Cervecería Troula; Sergio Collazo, Carlos Rodríguez, Daniel Fuentefría, Martín Pombo e José L. Cotelo.

Goles; José L. Cotelo 0-1, Jesús Rama 0-2, Juan Antelo 1-2 e 2-2, Martín Pombo 2-3.

Talleres Capelán vs Interfutsal Deportes San Remo

Cinco inicial Talleres Capelán; Marc Añón, Eduardo Castiñeira,Javier Fernández, José M. Campos e David Periscal.

Cinco inicial Interfutsal Deportes San Remo; Martín Antelo, Rubén Gómez, Jorge Panteón, Michel López e Adrián García.

Goles; José M. Campos 1-0, Javier Fernández 2-0, Diego Ferreiro 2-1, Eduardo Castiñeira 3-1, Federico Muñiz 3-2 e Pedro Mourón 4-2.

Cafetería Habanos 79 vs Discoteca Al Lío – Asesoría Afico

Cinco inicial Cafetería Habanos 79; Carlos Gómez, Víctor Freire, Robin Mallo, Alejandro Vázquez e Carlos Rey.

Cinco inicial Discoteca Al Lío – Asesoría Afico; Damián Cerdeiro, Iván Lorenzo, Manuel Díaz, Alberto Fuentes e Miguel Veira.

Goles; Alberto Fuentes 0-1, Robin Mallo 1-1, Víctor Freire 2-1, Alberto Fuentes 2-2 e 2-3, Alejandro Vázquez 3-3, Miguel Veira 3-4 e Robin Mallo 4-4.

Gontad Seguros – Carnicería Eusebio vs Tourline Express

Cinco inicial Gontad Seguros – Carnicería Eusebio; José R. Carracedo, Miguel Suárez, Adrián Pose, Adrián Varela e Adrián Parga.

Cinco inicial Tourline Express, Roberto C. Pardos, Iago Pardiñas, Diego Ferreiro, Marcos Castro e Gonzalo Varela.

Goles; Adrián Varela 1-0, Diego Ferreiro 1-1 e Miguel Suárez 2-1.

Dolce&Café vs Fariña Maquinaria Agrícola

Cinco inicial Dolce&Café; Noé Lamas, Daniel Calvete, Adrián Cabrera, Jorge Calvete e Brais Corral.

Cinco inivial Fariña Maquinaria Agrícola; Rubén Pose, Adrián Liñares, Carlos Cotelo, Pablo Mourelle e Jesús Eirís.

Goles; Daniel Calvete 1-0, 2-0 e 3-0.

No se admiten más comentarios