5ª Xornada de Torneos

5ª Xornada de Torneos da Liga de Fútbol Sala de Carballo.
A falta de disputarse dous partidos aprazados da 4ª xornada, xa temos disputados os encontros da 5ª xornada dos Torneos da Liga de Fútbol Sala de Carballo.
Torneo Concello de Carballo
No primeiro partido da xornada que se xogaba entre o Anonymous ó cal pouco poidemos ver ata o de agora posto que ten un partido aprazado, pero que deixaba boas sensacións ó remate da Liga Regular Discoteca Al Lío, e o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico, que a pesar de perder contra o Bar Rosalía, non estaba a facer un mal comezo no Torneo Concello de Carballo. Sorprende no resultado que o Anonymous que sempre destacou por ser máis defensivo que ofensivo, fose quen de anotar 7 goles a favor, mentres q o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico non foi capaz a anotarlles máis dun gol. Rematando o encontro cun contundente 7 a 1 a favor de Anonymous que suma tres puntos que o poñen, de momento, segundos na clasificación.
No outro enocntro do Torneo Concello de Carballo e que enfrontaba ó Bar Rosalía, que lidera a táboa co Boa Estrela cuxas baixas están sendo moi notorias no equipo e que non son capaces de recuperar a efectividade goleadora, perdían 2 a 0 ata o descanso e veríanse cun 4 a 0 en contra na segunda metade. Recortaban distancias a través de Dubra para poñer o 4 a 1 e intentar remontar un encontro que tiñan moi costa arriba. Pero o Rosalía aproveitaría a situación para poñer o 6 a 1 no marcador e por segunda vez Dubra anotaría o 6 a 2 definitivo do encontro

Torneo Asesoría Cervantes
Enfrentábanse a primeira hora do xoves o Brasería Carballo – Cervecería Beos, lider do Torneo Asesoría Cervantes, co Interfutsal Deportes San Remo, segundo e aspirante a alcanzar o liderato. Pero o Brasería daría un duro golpe na mesa, presentando as súas credenciais para facerse co torneo, un contundente 7 a 0 ó seu rival máis directo sempre é unha boa forma de presentarse á candidatura do título. Os de Interfutsal Deportes San Remo, aínda que o intentaron, pouco poideron facer ante a efectividade rival.
Equipo Equipo Anonymous 7 1 Discoteca Al Lío – Asesoría Afico Bar Rosalía 6 2 Boa Estrela Resultado 5ª Xornada Torneo Concello de Carballo
No segundo e último encontro do xoves, o Gontad Seguros – Carnicería Eusebio, necesitado da victoria logo da derrota do Interfutsal enfrontábase ó Cervecería Bombonera, que dispoñía dun bo momento para sair da penúltima posición da táboa. Encontro reñido, no quese ía poñer por diante o Cervecería Bombonera, aínda que lles duraría pouco a alegría, remontarían os de Gontad ata o 2 a 1 pero nesta ocasión Ignacio faría o 2 a 2 no marcados co q se iría ó descanso. Xa na segunda metade dous goles de Adrián porían terra de por medio para os de Gontad con 4 a 2 ó seu haber, pero de novo un Cervecería Bombonera que non se dou por vencido conseguiría remontar ata o 4 a 4 no marcador dándolle si cabe maior emoción á recta final do encontro que se decidiría a favor de Gontad a través de Daniel Fieira que faría o 5 a 4 definitivo no marcador do Carballo Calero

Comentarios cerrados.