5ª Xornada Liga Discoteca Al Lío

O Bar Rosalía empata, pero sigue líder da competición.

Abría a xornada o Interfutsal Deportes San Remo 6 – 2 Gontad Seguros -Carnicería Eusebio, encontro que lles serve a Interfutsal para poner un punto de por medio na táboa, precisamente co Gontad Seguros e situarse 6º na clasificación.

O Bar Rosalía empataba neste segundo encontro da xornada contra un Anonymous que se atopou moi sólido en defensa pero pouco acertado en ataque, pola súa parte o Bar Rosalía chegaba con soltura á área rival pero Carlos Gómez, porteiro de Anonymous impediu que o Bar Rosalía saíse do encontró cos tres puntos no peto. Ó final, empate a 2 no marcador.

                Na xornada do xoves o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico, coa intención de non perder o pulso cos dous equipos da cabeza, lograba desfacerse dun Cervecería O Pazo, sempre correoso pero que non está tendo un principio de tempada moi acertado. Vencían así por 4 a 6, e os 3 puntos que se van para o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico.

                O Boa Estrela e o Brasería Carballo – Cervecería Beos, superaban por sendos 7 a 0 ó Taberna D’Jous – Bar Ginebra e Cervecería Bombonera, respetivamente e que os afunde un pouco máis na clasificación.

Comentarios cerrados.