6ª Xornada de Trofeos

6ª xornada da fase de Torneos da Liga de Fútbol Sala de Carballo.

Torneo Concello de Carballo.

Anonymous vs Boa Estrela.

Chegaban os de Anonymous logo dunha ampla vitoria na xornada anterior para enfrentarse ó Boa Estrela que non pasa polo seu mellor momento e necesitaba empezar a sumar puntos logo de non logralo en toda a primeira volta. Comezarían os da Boa Estrela marcando os dous primeiros tantos que lles daba algo de tranquilidade aínda que antes do descanso lograría recortar distancias o Anonymous cun gol de Pablo Mourelle, e esa sería toda reacción dos de Anonymous no encontro, na segunda parte o dominio do Boa Estrela sería total, tres goles máis de Martín Pombo e un de Marcos Casás sentenciaban o encontro cun 1 a 6 no resultado final.

Cervecería O Pazo vs Discoteca Al lío – Asesoría Afico Enfrentamento directo entre o segundo e o terceiro clasificado, dous equipos que viñan con dúas vitorias e dúas derrotas no seu haber e que se enfrentaban para cubrir o segundo posto da táboa, prometía ser un partido intenso e así foi, Martín Castro primeiro e Carlos Rey despóis, marcarían os únicos goles da primeira parte do encontro. Xa na segunda metade o partido sería máis de ida e volta deixando ocasións para os dous equipos, logo do 1 a 2 a favor do Discoteca Al Lío – Asesoría Afico, chegarían 3 goles para o Cervecería O Pazoque se poñía cunn 4 a 2 no marcador, pero o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico, lonxe de amilanarse co resultado en contra, foi quen de sumar forzas e lograr marcar dous goles máis que lles supoñía sacar un punto dun duro encontro cun rival directo pola segunda praza.

Torneo Asesoría Cervantes

Xornada dun só encontro no Torneo Asesoría Cervantes logo de que o Taberna D’Jous – Bar Ginebra non se presentase ó encontro debido a problemas propios da organización do equipo.

Así pois, 3 puntos para o Cervecería Bombonera e -1 punto para o D’jous – Bar Ginebra que con este xa é o segundo encontro que non disputa, o primeiro por falta de xente e agora por non presentarse.

Interfutsal Deportes San Remo vs Gontad Seguros – Carnicería Eusebio

O que si que se xogou foi o Interfutsal Deportes San Remo contra o Gontad Seguros – Carnicería Eusebio, partido moi reñido, no que aínda que o Gontad foi quen de adianterse priemiro, de nada lle serviu pois o Interfutsal non só lograría igualar o resultado, senón que se iría ó descanso cun gol por riba do seu rival. Xa na segunda metade o Gontad Seguros – Carnicería Eusebio intentaría facerse co xogo do partido cunha estratexia arriscada e intentaría xogar más da metade do segundo tempo con porteiro – xogador, e aínda que conseguiu dominar e ter máis ocasións co equipo rival, unha contra do Interfutsal despóis dun balón perdido poría o 3 a 1 final no marcador.

Comentarios cerrados.