6ª Xornada Liga Discoteca Al Lío

O Discoteca Al Lío perdiu unha oportunidade de ouro para desbancar ó Bar Rosalía do liderato da liga, enfrontábanse entre eles no primeiro partido da 6ª xornada, pero pouco puideron facer os de Carballo ante un Bar Rosalía óo que todo lle saiu ben para facerse co partido por un contundente 7 a 3. Cabe destacar a actuación de Pedro Mourón, que cas súas 5 dianas, non só axudou á vitoria do seu equipo, senón que tamén se fai co liderato do Pichichi Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro.

                Xa na xornada do xoves, comezaba un Interfutsal Deportes San Remo vs Brasería Carballo – Cervecería Beos atípico. As lesións e as ausencias fixeron que o Brasería Carballo – Cervecería Beos xogase os 40 minutos cun efectivo menos, dous erros na primeira parte daban ventaxa no marcador ó Interfutsal Deportes San Remo que se iría ó descanso cun 2 a 0. Xa na segunda parte os do Brasería Carballo – Cervecería Beos acusaron a inferioridade numérica, que acabaría por facerlles encaixar outros 3 goles máis. A pesar do resultado abultado, cabe destacar que foron dominando moitos tramos do partido e incluso tiveron ocasións moi claras, dous balóns ó pau e algunha boa intervención do porteiro rival.

                No segundo partido da noite saía un Gontad Seguros – Carnicería Eusebio moi motivado para facerse co control do xogo pero un gol de Martín Fuentes, rompía co bo facer dos primeiros minutos do Gontad Seguros – Carnicería Eusebio. Ainda así, volveron a rearmarse e a xogar un xogo dominante frente a un Boa Estrela que vía como se acercaban cada vez con máis perigo á súa portería. Sería a dobre amarilla para un xogador dos de Gontad o que desequilibraría a balanza a favor do Boa Estrela xa que cun cambio menos na segunda metade o Gontad Seguros – Carnicería Eusebio, acusou o desgaste físico que aproveitaría o Boa Estrela para marcar tres goles máis que sentenciaría o encontro cun 4 a 0 final.

Por último, o Anonymous – Cervecería Bombonera, partido en igualdade de efectivos no que o Anonymous contaría cun maior acerto de cara ó gol que os da Bombonera que se atoparon cun xogo sólido no medio do campo e cun porteiro acertado nalgunhas das ocasións que tiveron. Ó final un resultado de 6 a 2 a favor de Anonymous pero que puido ser algo máis axustado a favor do Cervería Bombonera.

O encontro entre o Cervecería o Pazo e o Taberna D’Jous – Bar Ginebra, foi aprazado para ou vindeiro 5 de febreiro por mútuo acordo dos delegados dos dous equipos.

O Futbol Sala de Carballo volverá coa 7ª xornada os días 15 e 17 de Xaneiro.

Comentarios cerrados.