7ª Xornada de Trofeos

7ª Xornada Torneos Fútbol Sala Carballo

Torneo Concello de Carballo

Chegaban por unha parte o Bar Rosalía, invicto na liga de torneos ata o momento, e o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico, terceiro na clasificación e a 5 puntos do liderado i empatado a puntos co 2º clasificado. Empezaron os do Rosalía atacando obtendo moi bos resultados que lle daría unha vantaxa de 3 a 0 nos primeiros minutos do encontro. Soubo reaccionar ben o Discoteca Al Lío – Asesoría Aficoque recortaría distancias ata poñerse 3 a 2 por debaixo no marcador. Antes do descanso, Jose do Bar Rosalía poría terra de por medio e irían ó descanso con 4 a 2 no marcador., na segunda metade cambiarían as tornas, un Bar Rosalía incapaz de materializar o seu xogo, momento que aproveitou o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico, para facerse forte en ataque e lograr marcar 4 goles que lle daba a vitoria, ó final 4 a 6 no marcador a favor do Discoteca Al Lío – Asesoría Afico.

No segundo encontro do Torneo Concello de Carballo, o Cervecería O Pazo tiña que obter os 3 puntos para non perder o tren de cabeza e intentar recortar distancia co Bar Rosalía que viña de pinchar no seu encontro, pero o Anonymous sería un duro oso de roer. Un 2 a 1 no resultado levaba o partido ó descanso. Xa na segunda metade o Cervecería O Pazo por mediación de Bazar e Rama, lograría impoñerse 4 a 1 no marcador e aínda que o Anonymous intentou recortar distancias só sería capaz de materializar un último gol por mediación de Iván, ó final vitoria para o Cervecería O Pazo por 4 a 2 no marcador.

Torneo Asesoría Cervantes

No primeiro partido do Torneo Asesoría Cervantes, o Gontad Seguros – Carnicería Eusebio necesitaba obter os 3 puntos para seguir con opcións á liga e non descolgarse dos primeiros postos, non llo poría nada fácil un Taberna D’Jous – Bar Ginebra que nada ten que perder nesta liga. Un intercambio de goles na primeira metade permitiría ó Gontad Seguros obter a mínima ventaxa aínda que empezara marcando o Taberna D’Jous, 1 a 2 no marcador e ó descanso. Xa na segunda metade, volverían a intercambiarse as oportunidades e os goles entre os dous equipos, pero unha mellor puntería por parte dos de Gontad Seguros – Carnicería Eusebio, acabaría levando o partido cara o seu lado. Ó final 6 a 4 no marcador e os tres puntos para Gontad Seguros – Carnicería Eusebio.

No segundo partido do torneo, un eficaz Brasería Carballo – Cervecería Beos non tería rival nin piedade cun Cervecería Bombonera que nada puido facer para frenar o rodillo no que se convertera o xogo do Brasería Carballo, 25 minutos lle bastaron para rematar o encontro, cun 0 a 6 no marcador chegarían ó descanso e na segunda metade a poucos minutos do comezo un gol de Damián remataría o encontro cun 0 a 7 no marcador e tres puntos que suman na clasificación o Brasería Carballo – Cervecería Beos que sigue invicto no torneo.

Comentarios cerrados.