7ª Xornada Liga Discoteca Al Lío

Partido de trámite para un Bar Rosalía moi superior ó Taberna D’Jous – Bar Ginebra que segue sin atopar o seu estilo de xogo. O Bar Rosalía pon así 3 puntos por diante na clasificación sobre o Boa Estrela, equipo co que se enfrontará na seguinte xornada. Mentras o Taberna D’jous  Bar Ginebra segue ocupando a última praza da clasificación.

Por outra parte o Anonymous encadena unhas xornadas de bo xogo que se ve nos resultados a favor que está a obter, superaba nesta xornada por 1 gol a 3 ó sempre correoso Interfutsal Deportes San Remo. Acada así a 6ª posición por riba do Interfutsal que ocupa o 7º posto.

O Brasería Carballo – Cervecería Beos superaba a un Gontad Seguros – Carnicería Eusebio que pouco puido facer para maquillar un 6 a 1 no marcador, sumando así  3 puntos que o sitúa 5º na clasificación pero moi preto da 3ª praza.

Chegaba no 2º partido do xoves a sorpresa da semana, o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico non era quen de superar ó Cervecería Bombonera que acabou pordendo dous puntos pois antes de rematar o partido gañaban con dous goles de vantaxa. Ó final o Cervecería Bombonera no sería capaz de manter o resultado e acabarían cun 4 a 4 no marcador.

Cerraba a 7ª xornada o que se pode considerar xa un clásico na Liga de Fútbol Sala de Carballo, o encontro entre o Cervecería o Pazo e a Boa Estrela, resultado de 3 a 1 a favor dos de Pazos que lles permite quedar na 4ª posición, mentres que o Boa Estrela perde 3 puntos necesarios para manter a presión sobre o Bar Rosalía.

Comentarios cerrados.