8ª Xornada de Torneos

Torneo Concello de Carballo
O primeiro partido da xornada puido ser un dos mellores encontros da tempada, un partido intenso con bo xogo por parte dos dous equipos, pero que no se viu reflexado no marcador. Marcos Casás marcaba o único tanto do encontro, ó final Discoteca Al Lío – Asesoría Afico 0 – 1 Boa Estrela.
No segundo encontro do Torneo Concello de Carballo, xogábanse algo máis que un simple partido, O Bar Rosalía necesitaba a vitoria logo do fracaso da xornada anterior, mentres o Cervecería O Pazo necesitaba os 3 puntos que le darían vantaxe sobre o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico. Partido con moitas ocasións, sobre todo na primeira metade e que deixaría o marcador 2 a 5 a favor do Bar Rosalía, unha segunda metade con menos intensidade so lle serviría ó Cervecería O Pazo para recortar distancia no marcador, ó final 3 a 5 e os 3 puntos que se van ó taboleiro do Bar Rosalía.
Torneo Asesoría Cervantes
Primeiro encontro do Torneo Asesoría Cervantes, o Cervecería Bombonera dominou unha primeira parte pouco efectiva para ambos equipos, Adrián Fuentes faría o único gol para o Bombonera e que tamén sería o único gol da primeira metade do encontro. Xa na segunda metade o Interfutsal reaccionaría e conseguiría darlle a volta ó marcador. O final 1 a 4 no marcador favorable ó Interfutsal Deportes San Remo que se fai con 3 puntos que lle permite pelexar polo segundo posto.
No segundo partido da liga de torneos Asesoría Cervantes, o Brasería Carballo – Cervecería Beos demostra unha vez máis que esta liga lle queda pequena. 7 a 0 no marcador ó seu favor ante un Taberna D’Jous – Bar Ginebra que pouco puido facer para frenar o xogo do equipo rival.

Comentarios cerrados.