Super Copa 2018-2019

Arrancou a 40ª tempada da Liga de Fútbol Sala de Carballo coa Super Copa Asociación Deportiva Carballo, é o trofeo que dá inicio á tempada 2018-2019 e que enfrentaba ós campións da Liga e da Copa da tempada pasada.
Os dous equipos acusaron as baixas xa que xogaban cun só cambio cada un deles. O cinco inicial por parte da Boa Estrela; Sergio Collazo na portería, Alejandro Puñal, Martín Fuentes, Mario Rodríguez e Martín Pombo. Por parte da Cervecería O Pazo; Brais Álvarez na portería, Manuel Varela, Pablo Vázquez, Juan Antelo e Martín Bazar.
Collía vantaxe no marcador o Cervecería O Pazo que se adiantaba cun gol de Juan Antelo, pero duraría pouco a alegría, no seguinte minuto empataba o Boa Estrela por mediación de Mario Rodríguez, sería Martín Pombo o encargado de poñer o 2 a 1 que serviría para ir ó descanso. Na segunda metade o Boa Estrela sería superior ó Cervecería O Pazo que se poría cun resultado de 5 a 1 con goles de Mario , Martín Pombo e Martín Fuentes.
A falta dun minuto para o remate do encontro, Martín Bazar marcaba o definitivo 5 a 2 no marcador.
O Boa Estrela consegue así o primer título da tempada.

Comentarios cerrados.