SuperCopa Agrupación Deportiva Carballo

Nesta tempada 2016/2017 retomamos a celebración da SuperCopa da Liga, esta modalidade enfrenta ós equipos gañadores, por un lado, da Liga Alonso Moda e por outro da Copa Hotel Restaurante Punta del Este da tempada anterior. En caso de non se presentar o equipo gañador da Liga ou da Copa do ano anterior o trofeo será disputado polo equipo seguinte na táboa clasificatoria. Declararase deserto o título sempre que non se presenten ningún dos primeiros ou segundos equipos das distintas competicións.

Así pois, este ano disputaron a SuperCopa, a Cervecería Troula, campiona da Liga de Torneos do Concello de Carballo na tempada 2015/2016, e o subcampión da Copa Hotel Restaurante Punta del Este da mesma tempada.

O resultado final foi de Cervecería Troula 2 – 3 Boa Estrela.

No se admiten más comentarios