Supercopa Asesoría Cervantes 17-18

Comeza unha nova tempada no Fútbol Sala de Carballo, concretamente a 39ª, que logo se din pero que son unha morea de anos.

E que mellor maneira de comenzar, que disputando un dos torneos máis desexados, a Supercopa Asesoría Cervantes. E por qué é un dos torneos máis desexados, pois porque quen disputa dito torneo é o campión da Liga Regular Alonso Moda da tempada anterior e o campión da Copa Hoter Restaurante Punta del Este tamén, da tempada anterior.

Pero este ano a maiores, e como novidade convidamos a tódolos usuarios do fútbol sala, e a quen queira participar a vir a disfrutar do partido e despóis poder degustar uns pinchos na Cervecería Pirámide.

No se admiten más comentarios