Xa temos novo campión da Supercopa Asesoría Cervantes

Decidíase, no pavillón Carballo Calero, unha nova edición da Supercopa Asesoría Cervantes.
Partido moi axustado ata o final do encontro entre o Bar Rosalía, subcampión da Liga Regular Alonso Moda, de Ponteceso e o Cervecería O Pazo de Pazos (Ponteceso), campión da Copa Hotel Restaurante Punta del Este.

Ó final o resultado caiu a favor do Cervecería O Pazo pola mínima (4-5), que puido obter un resultado máis amplo de non errar un dobre penalti cerca do remate da primeira metade que rematou cun 2-4 a favor do Cervecería O Pazo.

Na segunda metade o Bar Rosalía intentaría recurtar distancias conseguindo marcar dous tantos, pero os de O Pazo tiñan o partido a favor despóis dun fantástico gol de Juan Antelo dende o medio do campo.

Ó finalizar o encontro os xogadores dos dous equipos e a xente que quixo asistir ó evento, foron convidados a degustar uns pinchos na Cervecería Pirámide, novo patrocinador da Liga de Fútbol Sala de Carballo.

Fotos:

No se admiten más comentarios