¡Intratable! O Bar Rosalía non atopou rival ata o de agora que consiga derrotalo, os de Ponteceso xogaron un gran partido ante un Brasería Carballo – Cervecería Beos que nada puido facer para frenar o xogo en ataque do Bar Rosalía, ó final no marcador reflexouse dita superioridade Bar Rosalía 9-2 Brasería Carballo – Cervecería Beos. O Boa Estrela sigue á espera dun pinchazo do lider para asaltar a primeira praza, mentras tanto vai cumplindo e consigue unha traballada vitoria frente a un peleón Discoteca Al Lío – Asesoría Afico (5-4). Consegue así meterse na segunda praza e o Discoteca Al Lío – Asesoría Afico pasa a ser o terceiro da táboa.
O Gontad Seguros – Carnicería Eusebio conseguía vencer ó Taberna D’Jous – Bar Ginebra por 7 a 0, resultado que lle permite empatar a puntos con Brasería Carballo – Cervecería Beos, acadando o 5º posto na clasificación.
O cervecería O Pazo enterra a Anonymous un pouco máis na táboa cortando calquer aspiración para ascender postos, partido moi disputado con vitoria pola mínima para o Cervecería O Pazo con 2 goles a 1.
Pola súa parte o Interfutsal Deportes San Remo establécese no 7º posto a 2 puntos do 5º e 6º clasificado tras derrotar ó Cervecería Bombonera por 2 goles a 1, pola súa parte o Cervecería Bombonera sigue sin coñecer a vitoria no que vai de liga.