9ª Xornada de Torneos

Torneo Concello de Carballo.
O Bar Rosalía de Ponteceso dá por finalizado o Torneo Concello de Carballo a falta dunha xornada para o remate do campionato, os de Iván, que se enfrontaban a un Anonymous, que demostrou ó largo da competición ser un equipo competitivo e sobre todo moi relevante para a 40ª Liga de Carballo de Fútbol Sala, necesitaban, polo menos, puntuar para non depender do gol average. E así foi, vitoria pola mínima e 3 puntos máis para o seu casilleiro. Comezaba o partido no Carballo Calero entre o Anonynomus e o Bar Rosalía, partido de ida e volta con goles para os dous equipos, adiantábanse os de Germán por mediación de Schuster, pero no descanso o marcador sería de empate a 1 goles. Na segunda parte mesma mecánica de xogo, esta vez serían os de Ponteceso os que se adiantarían no marcador e os de Anonymous recortarían distancias por mediación de Pablo, nos últimos compases do encontro, unha xogada de ataque por parte de Anonymous que no resultaría de todo exitosa, sería paroveitada polo Bar Rosalía para marcar o último gol do encontro, ó final 2 a 3 no marcador e os tres puntos para un Rosalía que xa se sabe vencedor do Torneo do Concello de Carballo.
No segundo encontro da xornada que enfrontaba o Cervecería O Pazo co Boa Estrela, e sabéndose que o liderado do Torneo era cousa doutro, o partido pasaría a ser un encontro con pouca intensidade pero con bo xogo. Os de Pazos lograrían facer 4 dianas, dúas em cada metade para facerse cos 3 puntos, que si ben non serven para facerse co Torneo Concello de Carballo, si pode darlles a 2º praza a expensas do que fagan os de Discoteca Al Lío – Asesoría Afico no última xornada.
Torneo Asesoría Cervantes.
O Brasería Carballo – Cervecería Beos tamén sentencia o Torneo Asesoría Cervantes logo de ganar o seu partido con solvencia ante o Gontad Seguros – Carnicería Eusebio. Os de Gontad si se amosaron competitivos nun principio, e lograban marca antes co Brasería Carballo. Reaccionarían ben estes últimos e irían ó descanso cun 1 a 5 ó seu favor. Xa na segunda metade os de Damián seguirían na mesma tónica e aínda que os de Ponteceso, foron capaces de anotar outro tanto, de nada serviría, ó final 2 a 9 no marcador.
Pola outra parte, o Interfutsal Deportes San Remo, sabendo que unha vitoria súa e unha derrota do Brasería Carballo – Cervecería Beos, podía darlles unha xornada máis de alento e unha xornada final de infarto cun enfrontamento directo que determinase o Torneo Asesoría Cervantes, saiu a facerse co partido e a vitoria. Aínda así, o Taberna D’Jous – Bar Ginebra lograría facerse co empate. Os de Interfutsal, en vez de virse abaixo, lograrían compoñerse e facerlle 3 goles máis ó Taberna D’Jous – Bar Ginebra. Xa na segunda metade e coas forzas do D’Jous mermadas, o interfutsal marcaría 4 goles máis e ó final 1 a 8 no resultado final do encontro.

Comentarios cerrados.