Comeza a Tempada 19/20

Comezo Liga Fútbol Sala de Carballo.
Este martes 22 de outubro dará comezo a tempada 19/20 da Liga de Fútbol Sala de Carballo, como cada comezo de tempada, ás 22 horas no pavillón Carballo Calero, disputarase a Super Copa A.D. Carballo que dá comezo a un ano de competición de Fútbol Sala no noso pobo. Este ano disputaranse o trofeo a Cervecería O Pazo, campión da Copa Hotel Punta del Este da tempada pasada, co Bar Rosalía, campión da Liga Discoteca Al Lío. O resto dos equipos, 12 este ano, terán que esperar ata o día 29 para comezar a Liga Discoteca Al Lío.
A primeira xornada de liga queda da seguinte maneira:
Martes.
Ás 21:20; Interfutsal Deportes San Remo – Mapfre
Ás 22:05; Cervecería Bombonera – Asesoría Cervantes
Ás 22:50; Boa Estrela – Dolce&Café
Xoves.
Ás 21:20; Brasería Carballo-Goat – Janasú-Dental Coristanco JF Lorenzo
Ás 22:05; Asesoría Afico-Discoteca Al Lío – Cervecería O Pazo
Ás 22:50; Bar Rosalía – Anonymous.
En canto á Copa Hotel Restaurante Punta del Este, non terá comezo ata o 17 de decembro, coma tódolos anos a competición de copa será por enfrontamento directo na modalidade de KO directo.
Enfrontamentos;
Dolce&Café – Asesoría Afico – Discoteca Al Lío
Asesoría Cervantes – Bar Rosalía
Mapfre – Cervecería O Pazo
Interfutsal Deportes San Remo – Boa Estrela

Comentarios cerrados.